Entoar o intervalo

Captura de pantalla do exercicio de entoación do intervalo.

Neste exercicio, o Solfege mostrará un ou máis intervalos que vostede deberá entoar. Por desgraza, aínda no é posíbel entoar por un micrófono e deixar que o Solfege valore se a súa entoación foi correcta ou non, así que terá que ser vostede quen decida se esta foi válida.

Configuración

O programa tratará de facer unha pregunta onde todos os tons estean dentro dun rexistro que o usuario poida entoar, tal e como se configura na xanela de preferencias. Ás veces, non é posíbel manter a pregunta dentro deste rexistro, por exemplo cando o exercicio está configurado para crear moitos intervalos onde todos eles son ascendentes.

Combinacións de teclas

  • Intervalo novo: Alt+n

  • Intervalo novo, o último foi correcto: Alt+n

  • Intervalo novo, o último foi incorrecto: Alt+w

  • Repetir o primeiro ton: Alt+r

  • Reproducir a resposta: Alt+p

  • Reproducir o último ton: Alt+l